lunes, 8 de marzo de 2010

Estructura dos traballos


O noso proxecto interdisciplinar atópase neste momento no punto no que, unha vez conseguida unha información xeral do tema, dámoslle forma definindo a estructura, é dicir, os puntos e aspectos que vai tratar.

Para que o proxecto en conxunto que estamos a elaborar entre todos teña unha uniformidade, e ademais para que sirva de guía, definimos a continuación o esquema que deben ter os distintos traballos:

  • I.Contextualización: Aquí tedes que explicar o momento histórico e social no que viven os personaxes e se desenvolven os eventos.
  • II.Elaboración dun eixo cornolóxico do tempo no que se desenvolveu a viaxe, incluíndo distintas etapas na vida do protagonista e eventos importantes no mundo
  • III.Obxectivo da viaxe: Debe explicarnos por que o protagonista emprendeu esa iniciativa, que pretendía atopar, ou que quería demostrar, que motivos o impulsaron...
  • IV.Descrición da viaxe: Aquí é onde tedes que explicar a ruta, o desenvolvemento da travesía, curiosidades, eventos, datos de interese, etc.
  • V.Repercusións da viaxe: Como influíu esa viaxe no mundo e no curso da Historia

Podedes facer subapartados dentro de cada un dos anteriores, pero esa estructura debe ser a columna vertebral de cada un dos traballos.

Buscade información de cada un dos apartados, en diversas fontes, non vos limitedes á wikipedia, que está moi ben, pero non é a única fonte de información que existe.

Consultade as páxinas web e os libros, collede información de aquí e de alá, e adaptádea, pero MOI IMPORTANTE: Consiste en ler e adaptar. Non ides a inventar nada, pero non vale copiar e pegar sen ler previamente e filtrar a información.

Consultade con nós calquera dúbida que teñades.

MANS Á OBRA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario