viernes, 4 de diciembre de 2009

Reunión do club de lectura

Hoxe no recreo temos unha nova reunión do noso club de lectura do 1º ciclo da ESO.
Na última reunión, fai dúas semanas falamos dos nosos libros favoritos.
Alejandro falounos da triloxía de crónicas de la torre, de Laura Gallego, e especialmente do seu antecesor, Fenris el elfo, no que se contan as orixes deste personaxe
Descobrimos tamén que Sergi é un ávido lector, e que lle gustou, igual que a Gabriel o libro de Carlos Ruíz Zafón El palacio de la medianoche.
Alicia está lendo El alquimista, que lle está gustando máis que Ghost girl