viernes, 4 de diciembre de 2009

Reunión do club de lectura

Hoxe no recreo temos unha nova reunión do noso club de lectura do 1º ciclo da ESO.
Na última reunión, fai dúas semanas falamos dos nosos libros favoritos.
Alejandro falounos da triloxía de crónicas de la torre, de Laura Gallego, e especialmente do seu antecesor, Fenris el elfo, no que se contan as orixes deste personaxe
Descobrimos tamén que Sergi é un ávido lector, e que lle gustou, igual que a Gabriel o libro de Carlos Ruíz Zafón El palacio de la medianoche.
Alicia está lendo El alquimista, que lle está gustando máis que Ghost girl

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Clase de prin

Estamos en clase do proxecto interdisciplinar probando as posibilidades deste blog

miércoles, 21 de octubre de 2009

BENVIDA

Benvidos a este novo blog, creado por iniciativa da biblioteca para o voso curso de 1º A da ESO do noso instituto.
A finalidade deste blog é que sirva como ferramenta académica e de comunicación entre vós, os vosos profesores, e o resto da comunidade educativa do noso centro.
Estará sempre moderado por algún profesor, e as aplicacións concretas iranse definindo a medida que se vaia utilizando.
A partires deste momento xa está operativo e podemos comezar a verter contidos.
Disfrutádeo

Un saúdo

Bibliomarques