martes, 9 de febrero de 2010

Temas seleccionados













Unha vez feitos os grupos, os temas seleccionados de entre todos os propostos foron estes:

  1. As viaxes de Jules Verne
  2. A exploración do universo
  3. As viaxes de Darwin
  4. A conquista dos polos
  5. A conquista do aire
  6. As grandes viaxeiras: aves migratorias
  7. O descobrimento de América.
Xa temos unha idea do que xa coñecemos sobre o noso tema e do que cremos que nos queda por coñecer.

O seguinte paso, para mañá mércores será buscar unha información preliminar en enciclopedias, atlas, etc. que nos aporte unha idea xeral sobre o noso tema para empezar a pensar na estructura que vai ter o noso traballo.

Non esquezades anotar todas as fontes de información. Se se trata de internet, gardade a dirección na conta que creáchedes en misfavoritos, e se se trata de libros, tomade nota nun papel ou anotade directamente todos os libros consultados nun docuemento de google docs (podédeslle chamar bibliografía ou algo parecido a este documento), xa que esta información sobre as fontes empregadas debe figurar no voso traballo.