Unha vez feitos os grupos, os temas seleccionados de entre todos os propostos foron estes:
- As viaxes de Jules Verne
- A exploración do universo
- As viaxes de Darwin
- A conquista dos polos
- A conquista do aire
- As grandes viaxeiras: aves migratorias
- O descobrimento de América.
O seguinte paso, para mañá mércores será buscar unha información preliminar en enciclopedias, atlas, etc. que nos aporte unha idea xeral sobre o noso tema para empezar a pensar na estructura que vai ter o noso traballo.
Non esquezades anotar todas as fontes de información. Se se trata de internet, gardade a dirección na conta que creáchedes en misfavoritos, e se se trata de libros, tomade nota nun papel ou anotade directamente todos os libros consultados nun docuemento de google docs (podédeslle chamar bibliografía ou algo parecido a este documento), xa que esta información sobre as fontes empregadas debe figurar no voso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario